Dani, no 92, salva un punto que pode darlle a salvación ao xuvenil

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

Martina Miser

O Arousa empata a 3 co Bansander e xogaráse a permanencia o vindeiro sábado en Vilaxoán fronte ao Atlético Perines

28 abr 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O Arousa xogará o vindeiro sábado en Vilaxoán a derradeira xornada de Liga da División de Honor Juvenil dependendo de si mesmo para conservar a categoría a vindeira temporada no seu duelo cun Atletico Perines que o visitará tan só un punto por debaixo abrindo a zona de descenso. Unha situación que xa quixera o seu último rival, propiciada polo tanto que Dani Nieto conseguiu no minuto 92 do partido que onte mediu o Arousa de Perú co Bansander en campo cántabro, con 3-3 final.

O certo é que o cadro arlequinado xenerou innumerables ocasións de gol para levarse o choque. Pero unhas mans desembocaron nun penalti no minuto 8 que Javier González transformou no 1-0. E se ben Tymo fixo xustiza no 40, o Arousa foise a vestiarios co golpe do 2-1 nunha falta directa a un minuto do descanso.

Sabedores de que tiñan que ir a polo partido si ou sei, os de Perú fóronse arriba con todo, encaixando no 71 un 3-1 que lles poñía as cousas moi difíciles. Pero o seu dominio absoluto do xogo na segunda metade acabou dando os seus froitos, con Adrián Gómez recortando no 83 e con Dani Nieto salvando os mobles no 92 rematando no segundo pau un saque de esquina.