Marilar, xa madriña do Marea Viva do Bela Fisterra

Patricia Blanco
P. Blanco CARBALLO / LA VOZ

FISTERRA

VICTOR HUGO CONDE

A cesión do título á poeta e narradora por parte do berciano Juan Carlos Mestre foi onte unha verdadeira xoia literaria

06 may 2024 . Actualizado a las 14:07 h.

Obtivo Marilar Aleixandre onte o título de madriña do cuarto Marea Viva do Bela Fisterra, e non faltou nesa entrega unha xoia de prata, se ben o encontro en si foi iso, unha xoia literaria. O anterior padriño, o berciano Juan Carlos Mestre, cedeulle o testemuño con sentidas palabras: «Es un honor estar a tu lado, admirada Marilar». De Premio Nacional (de poesía) a Premio Nacional (de narrativa). «El orden de los factores no altera el producto, pero el orden de las palabras sí altera el significado, no es lo mismo decir Las malas mujeres que Las mujeres malas», dixo Mestre sobre o título desa novela de Marilar.

Sobre a poesía afirmou el que «es unha casa de huéspedes para los expulsados de la razón», e sobre poesía falou tamén Aleixandre: «Eu, como poeta, son unha intrusa. Sempre fun narradora, se escribo poemas é por culpa do Batallón da Costa da Morte». «Usurpadora» da lingua, tamén se definiu, e que feliz roubo. «Ao mellor é porque son bióloga, pero creo moi pouco no ADN, o que somos non está escrito nel, temos que escribilo nós, cada día». Chamou a falar máis esa lingua roubada.