Ourense e A Coruña acollen as probas para «Atrápame se podes»

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

A CORUÑA CIUDAD

Proba de casting de «Atrápame se podes».
Proba de casting de «Atrápame se podes».

O equipo do produción está buscando xente que queira aprender e divertirse respondendo preguntas con retranca, completando a letra de cancións coñecidas e descubrindo curiosidades

03 mar 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Despois de entregar 101.800 euros, o premio económico máis alto da historia da Televisión de Galicia, o programa Atrápame se podes está á procura do seguinte gañador ou gañadora do seu bote. Actualmente este xa supera os 25.000 euros.

O equipo do produción está buscando xente que queira aprender e divertirse respondendo preguntas con retranca, completando a letra de cancións coñecidas e descubrindo curiosidades. E tamén xente que teña moitas ganas de subir ao quinto chanzo do Atrápame se podes e facerse co bote. Non obstante, en caso de non conseguilo, o gañador ou gañadora do día levará para a casa o petisco de 200 euros.

Esta semana serán Ourense, A Coruña e Carballo os concellos que recibirán a visita do equipo do programa. O martes 5 de marzo o set instalarase no Centro Comercial Ponte Vella de Ourense, o mércores 6 de marzo estará no Centro Comercial Cuatro Caminos de A Coruña e o xoves 7 de marzo no Parque Comercial A Revolta de Carballo.

O horario para participar será de mañá (11-14 horas) e de tarde (16-19 horas) e o único requisito é ser maior de idade. Aquelas persoas interesadas que non poidan acudir presencialmente poden mandar un correo a atrapamesepodes@crtvg.gal ou escribir ao teléfono 629 613 376.