O «Hamlet» de Cunqueiro toma vida nunha fusión de teatro e videoxogo

Montse García Iglesias
MONTSE GARCÍA SANTIAGO / LA VOZ

CULTURA

Foto de familia da presentación do proxecto hamletiano, no Gaiás, en Santiago.
Foto de familia da presentación do proxecto hamletiano, no Gaiás, en Santiago. Rocío Cibes

O proxecto abre o ciclo «Clásicas desfeitas», que acolle a Cidade da Cultura os días 2 e 3 de febreiro

25 ene 2024 . Actualizado a las 00:13 h.

Un Hamlet que mestura a linguaxe escénica e a interactividade propia do videoxogo para crear unha obra de teatro itinerante na que o público participa directamente no desenvolvemento da trama. Esa é a peculiar proposta coa que os días 2 e 3 de febreiro comezará Clásicas desfeitas, ciclo produto da colaboración da Cidade da Cultura e o Centro Dramático Galego e que busca actualizar os clásicos alén da literatura. O punto de partida é a peza teatral de Álvaro Cunqueiro O incerto señor don Hamlet, que inclúe tamén elementos da obra de Shakespeare e do conto A cartomante, de Machado de Assis, un dos autores máis relevantes das letras brasileiras.

Os profesores da Universidade de Vigo (UVigo) Beatriz Legerén Lago e Antonio Pena foron os encargados de adaptar a obra de Cunqueiro a esta nova versión multidisciplinar e interactiva. «En el proyecto se aplican unas mecánicas de juego en el transcurso de la obra. Al principio de la pieza, se plantearán una serie de dudas y preguntas, y parte del público estará en el montaje tanto en el papel de jugador como en el de espectador. Es por ello que tendrá que ir siguiendo como una especie de juego de rol explorando objetos, y, en base a ellos, se irán resolviendo dudas y averiguando las respuestas a las preguntas iniciales. Todo ello mientras se está desarrollando la trama», explicou Legerén, del grupo de innovación docente ComTecArt de la UVigo. Desta maneira, o resultado é unha obra de teatro inmersiva na que as decisións e accións da audiencia crearán cada vez unha resposta distinta ás incógnitas sobre o amor, a morte e a familia que atormentan a Hamlet.

Cal foi a maior dificultade para transformar o texto nesta fusión entre artes escénicas e videoxogo? «Se trata de hacer que una obra de teatro, que es algo lineal, rompa esa linealidad y tenga algunos elementos relacionados con lo que puede ser un entorno de juego», responde Legerén. Iso si, deixa claro que «el público no es el que dirige, sino que son dos personas espectadoras las que se convierten en jugadoras». O proxecto ten unha duración aproximada de 50 minutos e desenvolverase en espazos pouco habituais do Gaiás.

Máis alá da mestizaxe de linguaxes, esta proposta titulada Hamlet, o de Cunqueiro é unha produción internacional, coa participación da compañía brasileira Boccaccione de São Paulo e a galega Marinita y sus Maromas. A peza —para cuxa representación están agora en marcha os ensaios no marco das residencias artísticas do Gaiás— contará con tres funcións en cada xornada os días 2 e 3.

O ciclo Clásicas desfeitas seguirá despois con dúas obras que recuperan figuras descoñecidas da literatura grega clásica, como Polícrates, Ismene, Crisótemis e Políxena: A infeliz felicidade e o prezo do aceite, de Antón Reixa, e Tres somos ti, de Antela Cid.