Bolsas con proclamas feministas en Sober

La Voz

SOBER

Dúas das bolsas confeccionadas na sesión organizada polas Redes Lilas esta semana
Dúas das bolsas confeccionadas na sesión organizada polas Redes Lilas esta semana CONCELLO DE SOBER

Mulleres deste municipio elaboran materal con mensaxes a favor da igualdade

27 abr 2024 . Actualizado a las 18:29 h.

A cuarta convocatoria das Redes Lilas, o proxecto de igualdade do Concello de Sober, rematou esta semana cunha sesión de deseño en grupo de bolsas de tea. As bolsas, do tipo coñecido na actualidade como tote bags, foron decoradas polas participantes con frases, debuxos e símbolos relacionados co movemento feminista.

No Concello de Sober explican que o obxectivo desta cuarta entrega era «que cada muller poida estar acompañada nos diferentes eidos da vida diaria pola súa proclama persoal». Esta actividade celebrouse na Casa da Cultura, e contou coa axuda da educadora social Selene Arias Sáez.

As iniciativas de Redes Lilas están impulsadas dende o departamento municipal de Servizos Sociais polas traballadoras sociais Ana de la Torre Alvaredo e Patricia González Vidal