Entre o 24 de abril e o 4 de maio haberá actos na Praza Maior para amosar o traballo que fan os alumnos, e o día 6, un espectáculo de fusión no Gustavo Freire
14 abr 2024 . Actualizado a las 13:13 h.A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou a segunda edición do festival de danza organizado polas escolas de Lugo Primavera e danza. «Renovamos o noso apoio coas escolas de Lugo para continuar a difundir a danza e as súas distintas formas, aproveitando as rúas como un gran escenario para as distintas agrupacións», explicou Maite Ferreiro, que estivo acompañada por integrantes das distintas escolas de danza lucenses na presentación.
O festival celebrarase entre o 24 de abril e o 4 de maio, coas distintas escolas realizando exhibicións no fondo da Praza Maior de Lugo, e rematará o 6 de maio cun espectáculo de fusión de distintos estilos que terá lugar no Gustavo Freire a partir das 20.00 horas.
Programación
As datas das actuacións de danza na rúa serán:
•Oxeito, 24 de abril, ás 18.30.
•Star Dance, 26 de abril, ás 17.00.
•Escola Palimoco de teatro e danza, 27 de abril, ás 13.00.
•Gravitty, 27 abril, ás 16.30.
•Magie Dance, 28 abril, ás 12.00.
•Victoria, 3 maio, ás 18.00.
•Mercedes, 4 de maio, ás 19.00.