Homenaxe á poeta e activista Luz Fandiño no Museo do Pobo Galego

La Voz SANTIAGO

SANTIAGO

Mónica Ferreirós

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega promove o acto aberto á participación do público

05 may 2024 . Actualizado a las 04:50 h.

Hoxe • 11.00 horas • Museo do Pobo Galego • Acceso libre • A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega promove un acto de homenaxe no auditorio do Museo do Pobo, «As cestas de Luz. Festa por Luz Fandiño», á poeta recentemente falecida, no que as persoas que o desexen poden contribuír deixando nesas «cestas» un poema breve, unha música curta ou un discurso de non máis dun minuto. «Teremos catro grandes cestas, nas que deixar a voz, as sementes e as flores: a cesta do activismo, a cesta da mocidade, a cesta do feminismo, a cesta da poesía. A faceta que representa cada cesta dará pé a diferentes momentos e servirá para distribuír os tempos. Así poderemos estar todas e todos, de maneira solidaria», explican os organizadores.