Iñaki Túrnez recibe o premio Camilo José Cela en Padrón

La Voz

PADRÓN

JUAN MARTINEZ

O autor bilbaíno de orixe xalleira afirma que é a súa obra máis disparatada e irreverente

04 feb 2024 . Actualizado a las 04:55 h.

O autor bilbaíno de orixe xalleira Iñaki Túrnez recibiu o Premio Literario Camilo José Cela polo seu relato «Divina Apostasía». Ao recoller o galardón de mans do alcalde de Padrón, Anxo Arca, o gañador lembrou as súas raíces apuntando que o recibía en honor a unha xalleira, a súa bisavoa Carmen Turnes.

A esta 33ª edición do premio presentáronse máis dun cento de relatos de toda España, destacando o xurado a contemporaneidade e intensidade descritiva do relato gañador. O autor, que se presentou á convocatoria baixo o pseudónimo de «Santa Comba», apuntou que se trata do seu relato máis disparatado e irreverente. Durante a entrega dos galardóns, o alcalde de Padrón incidiu na forte implantación do premio, apuntando que é un dos máis consolidados do Estado.