Chega a Boiro una mostra sobre a riqueza do galego

M. X. B.

BOIRO

MARCOS CREO

Esta integrada por nove paneis, que estarán instalados na rúa peonil

03 may 2024 . Actualizado a las 14:05 h.

Entre o luns e o domingo da vindeira semana estará en Boiro unha exposición sobre a riqueza do galego, enmarcada no programa FalaRedes da Xunta de Galicia. Orgullo da nosa lingua: o galego é un tesouro para compartir é o título da mostra, que estará instalada na rúa peonil. Está composta por nove paneis que recollen as peculiaridades do idioma, co fin de poñelo en valor e convidar á cidadanía a falalo.

Os paneis estarán a disposición da poboación, pero ábrese a posibilidade de facer visitar guiadas para os centros de ensino, que poderán ser entre o martes e o sábado, tanto en horario de mañá como pola tarde. Será necesario inscribirse na casa de cultura ou chamando ao 981 848 425.