A Biblioteca de Marín acolle unha aula de creación literaria

Alfredo López Penide
López Penide MARÍN / LA VOZ

PONTEVEDRA

CONCELLO DE MARÍN

A escritora e xornalista Elena Gallego dirixirá esta iniciativa

05 may 2024 . Actualizado a las 11:47 h.

Entre o 7 e o 9 de maio, desenvolverase na Biblioteca Municipal de Marín unha nova edición da Aula de Creación Literaria do Proxecto Legado, que dirixirá a escritora e xornalista Elena Gallego. Está dirixida «a todas aquelas persoas que teñan inquedanzas pola escritura de narrativa (ficción/autoficción)», de tal xeito que, tal e como sinalou Gallego, serán sesións «de carácter práctico e ameno», nas que «explicarei algúns dos segredos das técnicas de narrativa actuais, falando, entre outros elementos clave da narración, do enfoque do relato, da creación de tramas e argumentos, da caracterización dos personaxes ou dos diálogos».